A Estrada, http://schemas.google.com/blogger/2008/kind#post, Madeira: obra de enxeñaría, Pontevedra, Serraduras: destrución, Vedra

San Xoán da Cova

En 1928 apróbase o primeiro proxecto para a construción dun viaduto sobre o río Ulla, que será reformado sete anos máis tarde e retomado trala Guerra Civil. Ao obras darían comezo cara a 1945 e inauguraríanse en 1958.

A ponte do tren de Gundián convertiríase anos máis tarde nun dos símbolos arquitectónicos dos concellos de Vedra e da Estrada. Porén, este símbolo, despois do seu cincuenta aniversario, está a ser destruído polo progreso. Poida que nos anos 50, esta obra fora moi polémica, pero seguro que non o foi tanto como o novo viaduto do AVE. A destrución da paisaxe neste último caso é un feito máis que probable que se pode observar moi ben desde o castro de San Miguel (A Estrada). Probablemente, dentro de pouco tempo será vista como outra gran obra de enxeñería, non o dubido, pero daquela xa se esquenceu o impacto ambiental que provocou.


A construción do AVE tamén obriga a desviar un dos tramos máis bonitos da Vía da Prata ao seu paso polas Terras da Ulla.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s