A Estrada, Madeira: patrimonio civil, Pontevedra, Serraduras: destrución, Villa Airista

Edificio da antiga biblioteca da Estrada

O edificio da antiga biblioteca da Estrada sitúase na rúa Serafín Pazo, entre as prazas do concello e da farola. Unha rúa definida por Olimpio Arca como a da cultura estradense polos usos que, como veremos, chegou a ter esta construción, aínda que pouco a pouco foise convertendo na rúa da incultura por mor dun… Seguir lendo Edificio da antiga biblioteca da Estrada

A Estrada, Madeira: patrimonio civil, Pontevedra, Sanatorio, Serraduras: destrución, Villa Airista

Adeus á Casa de Portela en Villa Brasil (A Estrada)

No mes de xaneiro de 2001 tiven a oportunidade de estar na coñecida como "Casa de Portela", situada no barrio estradense de "Villa Brasil", actual rúa Fernando Conde. As súas propietarias, coas que acudín a vela, tíñana á venda, pero ían a miúdo por alí para ventilala e favorecer a súa conservación.Vista xeral desde a… Seguir lendo Adeus á Casa de Portela en Villa Brasil (A Estrada)

Madeira: patrimonio etnográfico, Pontevedra

Canleiros de Marcón (Pontevedra)

En Valadares, na "Casa do Outeiro", consérvase un impresionante acueduto coñecido co nome de "Os Canleiros". Trátase dun sistema de levada por medio dunha canalización de pedra e varios sifóns. A auga que corría pola canle empregábase para regar, para dar de comer ao gando e para uso doméstico, principalmente lavar e cociñar.Un importante complexo… Seguir lendo Canleiros de Marcón (Pontevedra)

Madeira: patrimonio etnográfico, Pontevedra

Chozo de canteiros en Tomeza (Pontevedra)

Cruceiro homenaxe aos canteriosAs terras de Pontevedra foron terras de grandes canteiros. Parroquias como Mourente ou Tomeza dan boa conta delo. Nesta última, un dos de maior sona foi o mestre Daniel, a quen se lle deben obras como as escaleiras da casa do concello de Pontevedra ou o cruceiro de San Xoán de Poio.Un… Seguir lendo Chozo de canteiros en Tomeza (Pontevedra)

Madeira: proxectos xenéricos, Meis, Pontevedra, Veterinario

Veterinario do Mosteiro (Nogueira, Meis)

Desde o ano 2004 a veciñanza de Meis dispón por vez primeira dunha pequena oficina de correos. Instalouse no veterinario do Mosteiro, na zona do mercado de gando, antigo Campo da Feira. Na construción, de bloques prefabricados, volvemos a atopar a clásica arcada na fachada principal. Xunto aos ocos deste lenzo, porta e fiestra, posúe… Seguir lendo Veterinario do Mosteiro (Nogueira, Meis)

A Cañiza, Madeira: proxectos xenéricos, Pontevedra, Veterinario

Veterinario da Cañiza

Xunto á casa de peóns, na Cañiza tamén atopamos outra construción xenérica, neste caso para o tratamento do gando vacún. Está na carballeira do Cacharado, no centro do pobo, antigo campo da feira.Construída en cantaría e formigón, posúe cuberta a dúas augas, na fachada principal posúe o característico pórtico con triple arcada de medio punto.Na… Seguir lendo Veterinario da Cañiza

A Cañiza, Casas de Peóns, Madeira: proxectos xenéricos, Pontevedra

Casa de Peóns na Cañiza

Na Ponte de Aráns, nunha curva vella da estrada 531 da Cañiza, sitúase esta "Casilla de peones camineros". A construción segue a mesma estrutura que o resto de casas vistas ata o momento: planta rectangular dunha soa altura, cuberta a dúas augas, cantaría, fachada con porta principal flanqueada por dúas fiestras, vans remarcados e cartel… Seguir lendo Casa de Peóns na Cañiza

Gondomar, Madeira: proxectos xenéricos, Pontevedra, Veterinario

Veterinario de Gondomar

Grazas ás redes sociais e á axuda de Google Street View descubrín unha nova construción en Gondomar que responde á tipoloxía dos "veterinarios". Ademais, pola súa situación, nunha carballeira e antiga feira, encaixa con outras das obras xa vistas.Na actualidade, este antigo centro de inseminación alberga a Oficina de Turismo do Concello de Gondomar. O… Seguir lendo Veterinario de Gondomar

A Illa de Arousa, Madeira: patrimonio etnográfico, Pontevedra

Muíño de Vento da Arousa

No Monte Pedrouzos da Illa de Arousa atópase outro muíño, pero de vento. Na actualidade está dentro dun recinto pechado, polo que só se deixa entrever a torre. Probablemente se tratara dun muíñofixo con cuberta xiratoria que, segundo algúns estudosos, se utilizaba cando o de mareas non funcionaba.A única referencia histórica coñecida é a do… Seguir lendo Muíño de Vento da Arousa

A Illa de Arousa, Madeira: patrimonio etnográfico, Pontevedra

Muíño de Mareas das Aceñas

O Muíño das Aceñas emprázase no oeste da Illa de Arousa, na enseada da Brava, entre a Punta Quilme e a Punta Revello. A alusión máis antiga que se relaciona coa súa existencia data de 1681, recolléndose nun documento os topónimos "Camiño as Aceñas", "Mar das Aceñas" e "Lagoa das Aceñas". Estas notas toponímicas contrastan… Seguir lendo Muíño de Mareas das Aceñas