Blog

http://schemas.google.com/blogger/2008/kind#post, Madeira: patrimonio eclesiástico, Noia, Serraduras da madeira

A Capela de San Marcos de Noia

Nunha das miñas visitas ao "restauro", o Servizo de Arqueoloxía da Xunta, localicei a fichas dos restos dunha capela en Noia dedicada a San Marcos. Situábanse nun monte da parroquia de Santa Cristina de Barro, próximos ao antigo camiño que ía a Santiago. Daquela só vira varias imaxes no blog de Rafael Gª Guerrero. Pero… Seguir lendo A Capela de San Marcos de Noia

A Estrada, Madeira: patrimonio civil, Pontevedra, Serraduras: destrución, Villa Airista

Edificio da antiga biblioteca da Estrada

O edificio da antiga biblioteca da Estrada sitúase na rúa Serafín Pazo, entre as prazas do concello e da farola. Unha rúa definida por Olimpio Arca como a da cultura estradense polos usos que, como veremos, chegou a ter esta construción, aínda que pouco a pouco foise convertendo na rúa da incultura por mor dun… Seguir lendo Edificio da antiga biblioteca da Estrada

A Estrada, Madeira: patrimonio civil, Pontevedra, Sanatorio, Serraduras: destrución, Villa Airista

Adeus á Casa de Portela en Villa Brasil (A Estrada)

No mes de xaneiro de 2001 tiven a oportunidade de estar na coñecida como "Casa de Portela", situada no barrio estradense de "Villa Brasil", actual rúa Fernando Conde. As súas propietarias, coas que acudín a vela, tíñana á venda, pero ían a miúdo por alí para ventilala e favorecer a súa conservación.Vista xeral desde a… Seguir lendo Adeus á Casa de Portela en Villa Brasil (A Estrada)

Carpinteiros, Gharlopinha, Madeira

Gharlopinha

Coa nova presentación do blog, Gharlopinha e o seu porqué quedan máis ocultos. Por iso, con esta entrada de fin de ano tratarei de explicalo, agardando que no 2014 haxa publicacións de maneira máis habitual!Instrumental de carpinteiro segundo XocasNeta de carpinteiro, recordo a "caseta" do abuelo chea de martillos, gharlopas, sepillos, berberiquís e trenchas. Xunto… Seguir lendo Gharlopinha

Madeira: patrimonio etnográfico, Pontevedra

Canleiros de Marcón (Pontevedra)

En Valadares, na "Casa do Outeiro", consérvase un impresionante acueduto coñecido co nome de "Os Canleiros". Trátase dun sistema de levada por medio dunha canalización de pedra e varios sifóns. A auga que corría pola canle empregábase para regar, para dar de comer ao gando e para uso doméstico, principalmente lavar e cociñar.Un importante complexo… Seguir lendo Canleiros de Marcón (Pontevedra)

Madeira: patrimonio etnográfico, Pontevedra

Chozo de canteiros en Tomeza (Pontevedra)

Cruceiro homenaxe aos canteriosAs terras de Pontevedra foron terras de grandes canteiros. Parroquias como Mourente ou Tomeza dan boa conta delo. Nesta última, un dos de maior sona foi o mestre Daniel, a quen se lle deben obras como as escaleiras da casa do concello de Pontevedra ou o cruceiro de San Xoán de Poio.Un… Seguir lendo Chozo de canteiros en Tomeza (Pontevedra)

Casas de Peóns, http://schemas.google.com/blogger/2008/kind#post, Madeira: proxectos xenéricos

Casa de Peóns na Roibeira (Oza dos Ríos)

 Na saída de Betanzos cara a Oza dos Ríos, no quilómetro número 2 da comarcal 840, atópase esta casa de "Peones Camineros".Construída en cachotaría, a cantaría resérvase para o enmarque dos vans e os esquinais.A estrutura é a mesma do resto xa vistas, destacando os tornachoivas das fiestras das fachadas laterais, a cheminea e a… Seguir lendo Casa de Peóns na Roibeira (Oza dos Ríos)

A Capela, Casas de Peóns, http://schemas.google.com/blogger/2008/kind#post, Madeira: proxectos xenéricos

Casa de Peóns nas Neves (A Capela)

Na capital do concello da Capela, nas Neves, hai unha casa de peóns que daba servizo á estrada comarcal 564. Sitúase no extremo do pobo, na entrada oeste desde Cabanas.Con planta cuadrangular e cuberta, recentemente restaurada, a dúas augas, posúe planta baixa e unha altura a modo de rocho. A distribución dos ocos realízase de… Seguir lendo Casa de Peóns nas Neves (A Capela)

http://schemas.google.com/blogger/2008/kind#post, Madeira: patrimonio civil, Ribadeo

Faro da Illa Pancha (Ribadeo)

Na Mariña Lucense, seguindo a costa de Ribadeo, atopamos a fermosa e pequena "Illa Pancha". Cunha extensión aproximada dunha hectárea, está unida á terra por unha pequena ponte e nela hai dous faros.As orixes do primeiro remóntase ao ano 1857, cando o 31 de maio saen a poxa pública cun orzamento de 47.513,86 reais as… Seguir lendo Faro da Illa Pancha (Ribadeo)

http://schemas.google.com/blogger/2008/kind#post, Madeira: patrimonio etnográfico, Madeira: patrimonio industrial, Ribadeo, Rinlo

Cetaria de Rinlo (Ribadeo)

A Cetaria de Rinlo é unha das moitas que se atopa na costa norte. Construíuse a principios do século XX aproveitando unha pequena cala na Punta Corveira, fronte á Pena dos Corvos. Posúe muros de lousa e unha comporta de ferro para regular a entrada e saída da auga. Criábanse toda clase de mariscos para… Seguir lendo Cetaria de Rinlo (Ribadeo)