Abegondo, Casas de Peóns, http://schemas.google.com/blogger/2008/kind#post, Legoeiros, Madeira: proxectos xenéricos, Sarandóns

Casa de Peóns de Sarandós (Abegondo)

Nunha pequena vía de apenas 5 quilómetros, a estrada AC-222, sitúase unha casa de legoeiros de Abegondo. O lugar aparece no topográfico denominado como "A Casilla", topónimo que pode facer referencia a esta tipoloxía de vivendas-almacéns.Construída en cachotaría e revestida salvo os marcos dos vans, está tellada a dúas augas con uralita. Nun dos lados… Seguir lendo Casa de Peóns de Sarandós (Abegondo)

Casas de Peóns, Culleredo, http://schemas.google.com/blogger/2008/kind#post, Legoeiros, Madeira: proxectos xenéricos

Casa de Peóns en Acea de Ama (Culleredo)

Á altura do quilómetro 2 da estrada comarcal AC-211 érguese unha casa de peóns do concello de Culleredo. De planta cuadrangular e cunha superficie aproximada de 240 m2, repite o esquema construtivo doutras xa vistas. Así, na fachada principal só se abren tres vans nos que a pedra queda á vista. Como único elemento salientable,… Seguir lendo Casa de Peóns en Acea de Ama (Culleredo)

Casas de Peóns, http://schemas.google.com/blogger/2008/kind#post, Legoeiros, Madeira: proxectos xenéricos, Noia

Casa de Peóns de Ousoño (Barro – Noia)

No ano 2001 o Consello da Xunta aprobaba un decreto para desafectar a "Casilla" de Legoeiros de Ousoño e cedela ao Concello de Noia. Posteriormente, tras unha reforma na que se investiron preto de 60.000 €, converteuse no local social e cultural da AA. VV. Virxe do Carme. A casa repite o esquema construtivo doutras construcións… Seguir lendo Casa de Peóns de Ousoño (Barro – Noia)

A Coruña, Casas de Peóns, http://schemas.google.com/blogger/2008/kind#post, Laraño, Legoeiros, Madeira: proxectos xenéricos, Santiago de Compostela

Casa de Peóns na Barcia (Laraño – Santiago)

No punto quilométrico 1 da AC-543 Santiago - Noia érguese, na marxe dereita, unha casa de peóns camiñeiros. Trátase dunha pequena construción de cantaría de planta baixa e cuberta a dúas augas. A fachada organízase a través de tres vans: unha porta flanqueada por dúas fiestras. No tellado álzanse simetricamente dúas chemineas nas esquinas. O… Seguir lendo Casa de Peóns na Barcia (Laraño – Santiago)

A Gándara, A Susana, Casas de Peóns, http://schemas.google.com/blogger/2008/kind#post, Legoeiros, Madeira: proxectos xenéricos, Santiago de Compostela

Casa dos Peóns na Gándara (ou na Susana)

Na mesma estrada N550 na que estaba a casa dos péons de Vedra, e a pouco máis de 6 quilómetros dirección Santiago, atópase outra construción da mesma tipoloxía. Érguese nunha encrucillada entre dita nacional e a comarcal 8203, na Gándara. Sitúase nos lindes de Sergude (Boqueixón) e San Fins de Sales (Vedra) con Marrozos (Santiago… Seguir lendo Casa dos Peóns na Gándara (ou na Susana)

Casas de Peóns, http://schemas.google.com/blogger/2008/kind#post, Legoeiros, Madeira: proxectos xenéricos, Vedra

Casa dos Peóns de Vedra

A antiga casa de peóns camiñeiros do concello coruñés de Vedra sitúase nunha encrucillada no punto quilométrico 326 da estrada nacional 525. Está no lugar de Picón, parroquia de San Pedro de Vilanova, e na actualidade dedícase, igual que a de Allariz, a oficina municpal de turismo. Trátase dunha construción de planta baixa, con cuberta… Seguir lendo Casa dos Peóns de Vedra

Casas de Peóns, http://schemas.google.com/blogger/2008/kind#post, Legoeiros, Madeira: proxectos xenéricos, Ourense

Casa dos Peóns Camiñeiros de Allariz

Na ourensana vila de Allariz atopamos á beira do río Arnoia, antes da ponte, unha pequena construción de pedra. Trátase dunha antiga casa de peóns camiñeiros, situada na estrada OU-320, moi similar a outras que veremos. No presente caso, trátase dunha construción de cantaría de dúas alturas e cuberta a dúas augas. Malia que é… Seguir lendo Casa dos Peóns Camiñeiros de Allariz