A Estrada, Madeira: proxectos xenéricos, O Foxo, Pontevedra, Veterinario

Veterinario no Foxo (Ancorados – A Estrada)

O Centro de Inseminación do Foxo repite o mesmo esquema construtivo dos veterinarios xa vistos en Alfoz, Cervo e Portas. No mesmo estado de abandono que este último, o característico desta edificación é que conserva no lateral leste o topónimo castelanizado, xunto cos datos do Ministerio e da Dirección Xeral que a promoveron nos anos… Seguir lendo Veterinario no Foxo (Ancorados – A Estrada)

Lantaño, Madeira: proxectos xenéricos, Pontevedra, Portas, Veterinario

Veterinario en San Bieito (Lantaño – Portas)

Na provincia de Pontevedra volvemos a atopar pequenas edificacións dedicadas a Centros Secundarios de Inseminación Artificial Gandeira similares aos vistos en Lugo. A de Portas sitúase moi próxima á estrada (PO-8004), no lugar de San Bieito, afamado pola súa romaría. O esquema construtivo repite a planta cuadrangular, unha altura, cuberta a dúas augas e pórtico… Seguir lendo Veterinario en San Bieito (Lantaño – Portas)

A Coruña, Casas de Peóns, http://schemas.google.com/blogger/2008/kind#post, Laraño, Legoeiros, Madeira: proxectos xenéricos, Santiago de Compostela

Casa de Peóns na Barcia (Laraño – Santiago)

No punto quilométrico 1 da AC-543 Santiago - Noia érguese, na marxe dereita, unha casa de peóns camiñeiros. Trátase dunha pequena construción de cantaría de planta baixa e cuberta a dúas augas. A fachada organízase a través de tres vans: unha porta flanqueada por dúas fiestras. No tellado álzanse simetricamente dúas chemineas nas esquinas. O… Seguir lendo Casa de Peóns na Barcia (Laraño – Santiago)