Madeira: proxectos xenéricos, Meis, Pontevedra, Veterinario

Veterinario do Mosteiro (Nogueira, Meis)

Desde o ano 2004 a veciñanza de Meis dispón por vez primeira dunha pequena oficina de correos. Instalouse no veterinario do Mosteiro, na zona do mercado de gando, antigo Campo da Feira. Na construción, de bloques prefabricados, volvemos a atopar a clásica arcada na fachada principal. Xunto aos ocos deste lenzo, porta e fiestra, posúe… Seguir lendo Veterinario do Mosteiro (Nogueira, Meis)

A Cañiza, Madeira: proxectos xenéricos, Pontevedra, Veterinario

Veterinario da Cañiza

Xunto á casa de peóns, na Cañiza tamén atopamos outra construción xenérica, neste caso para o tratamento do gando vacún. Está na carballeira do Cacharado, no centro do pobo, antigo campo da feira.Construída en cantaría e formigón, posúe cuberta a dúas augas, na fachada principal posúe o característico pórtico con triple arcada de medio punto.Na… Seguir lendo Veterinario da Cañiza

Gondomar, Madeira: proxectos xenéricos, Pontevedra, Veterinario

Veterinario de Gondomar

Grazas ás redes sociais e á axuda de Google Street View descubrín unha nova construción en Gondomar que responde á tipoloxía dos "veterinarios". Ademais, pola súa situación, nunha carballeira e antiga feira, encaixa con outras das obras xa vistas.Na actualidade, este antigo centro de inseminación alberga a Oficina de Turismo do Concello de Gondomar. O… Seguir lendo Veterinario de Gondomar

A Estrada, Madeira: proxectos xenéricos, O Foxo, Pontevedra, Veterinario

Veterinario no Foxo (Ancorados – A Estrada)

O Centro de Inseminación do Foxo repite o mesmo esquema construtivo dos veterinarios xa vistos en Alfoz, Cervo e Portas. No mesmo estado de abandono que este último, o característico desta edificación é que conserva no lateral leste o topónimo castelanizado, xunto cos datos do Ministerio e da Dirección Xeral que a promoveron nos anos… Seguir lendo Veterinario no Foxo (Ancorados – A Estrada)

Lantaño, Madeira: proxectos xenéricos, Pontevedra, Portas, Veterinario

Veterinario en San Bieito (Lantaño – Portas)

Na provincia de Pontevedra volvemos a atopar pequenas edificacións dedicadas a Centros Secundarios de Inseminación Artificial Gandeira similares aos vistos en Lugo. A de Portas sitúase moi próxima á estrada (PO-8004), no lugar de San Bieito, afamado pola súa romaría. O esquema construtivo repite a planta cuadrangular, unha altura, cuberta a dúas augas e pórtico… Seguir lendo Veterinario en San Bieito (Lantaño – Portas)