Carmela Sánchez Arines
Son licenciada en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela e Diploma de Estudos Avanzados na mesma.
Fun socia fundadora de Etnoga Patrimonio Cultural, empresa na que traballei entre 2005 e 2018; técnica de arte no Museo de Pontevedra; guía no MARCO de Vigo; e técnica de patrimonio no concello de Zas.
Ademais, son Directora de Actividades de Tempo Libre e Técnica de Sendeiros. Pertenzo á sección de Historia da Arte do Colexio Oficial de Doutores/as e Licenciados/as en Filosofía, Letras e Ciencias de Galicia e colaborei no proxecto patrimoniogalego.net.
Neste campo, as miñas investigacións céntranse no patrimonio industrial, tema da tese de doutoramento, e no funerario. Para estas e outras cousas está o blog.
TRABALLOS
Etnoga Patrimonio Cultural
Concello de Zas
EDUCACIÓN
DEA en Hª da Arte