Blog

Madeira: proxectos xenéricos, Meis, Pontevedra, Veterinario

Veterinario do Mosteiro (Nogueira, Meis)

Desde o ano 2004 a veciñanza de Meis dispón por vez primeira dunha pequena oficina de correos. Instalouse no veterinario do Mosteiro, na zona do mercado de gando, antigo Campo da Feira. Na construción, de bloques prefabricados, volvemos a atopar a clásica arcada na fachada principal. Xunto aos ocos deste lenzo, porta e fiestra, posúe… Seguir lendo Veterinario do Mosteiro (Nogueira, Meis)

A Cañiza, Madeira: proxectos xenéricos, Pontevedra, Veterinario

Veterinario da Cañiza

Xunto á casa de peóns, na Cañiza tamén atopamos outra construción xenérica, neste caso para o tratamento do gando vacún. Está na carballeira do Cacharado, no centro do pobo, antigo campo da feira.Construída en cantaría e formigón, posúe cuberta a dúas augas, na fachada principal posúe o característico pórtico con triple arcada de medio punto.Na… Seguir lendo Veterinario da Cañiza

A Cañiza, Casas de Peóns, Madeira: proxectos xenéricos, Pontevedra

Casa de Peóns na Cañiza

Na Ponte de Aráns, nunha curva vella da estrada 531 da Cañiza, sitúase esta "Casilla de peones camineros". A construción segue a mesma estrutura que o resto de casas vistas ata o momento: planta rectangular dunha soa altura, cuberta a dúas augas, cantaría, fachada con porta principal flanqueada por dúas fiestras, vans remarcados e cartel… Seguir lendo Casa de Peóns na Cañiza

http://schemas.google.com/blogger/2008/kind#post, Madeira: patrimonio civil, Pontedeume, Serraduras: destrución

Casa dos Tenreiro (Pontedeume)

  Circulando pola autoestrada Betanzos-Ferrol, á altura do concello de Pontedeume, chama a atención unha fermosa edificación que se entrevé a man dereita. Trátase da coñecida como "Casa Magdalena" ou, máis recentemente, como "de la linterna", a raíz dunha novela publicada por Carlos de Castro Álvarez, profesor afincado na vila do Eume. Sitúase no lugar de… Seguir lendo Casa dos Tenreiro (Pontedeume)

Gondomar, Madeira: proxectos xenéricos, Pontevedra, Veterinario

Veterinario de Gondomar

Grazas ás redes sociais e á axuda de Google Street View descubrín unha nova construción en Gondomar que responde á tipoloxía dos "veterinarios". Ademais, pola súa situación, nunha carballeira e antiga feira, encaixa con outras das obras xa vistas.Na actualidade, este antigo centro de inseminación alberga a Oficina de Turismo do Concello de Gondomar. O… Seguir lendo Veterinario de Gondomar

A Illa de Arousa, Madeira: patrimonio etnográfico, Pontevedra

Muíño de Vento da Arousa

No Monte Pedrouzos da Illa de Arousa atópase outro muíño, pero de vento. Na actualidade está dentro dun recinto pechado, polo que só se deixa entrever a torre. Probablemente se tratara dun muíñofixo con cuberta xiratoria que, segundo algúns estudosos, se utilizaba cando o de mareas non funcionaba.A única referencia histórica coñecida é a do… Seguir lendo Muíño de Vento da Arousa

A Illa de Arousa, Madeira: patrimonio etnográfico, Pontevedra

Muíño de Mareas das Aceñas

O Muíño das Aceñas emprázase no oeste da Illa de Arousa, na enseada da Brava, entre a Punta Quilme e a Punta Revello. A alusión máis antiga que se relaciona coa súa existencia data de 1681, recolléndose nun documento os topónimos "Camiño as Aceñas", "Mar das Aceñas" e "Lagoa das Aceñas". Estas notas toponímicas contrastan… Seguir lendo Muíño de Mareas das Aceñas

http://schemas.google.com/blogger/2008/kind#post, Madeira: patrimonio arqueolóxico, Noia, Serraduras: destrución

Tampa da Cova da Moura (Noia)

A Couva da Moura é unha anta situada na parroquia noiesa de Argalo. A estrutura megalítica componse de sete esteos na cámara e dous no corredor. Así, pertencería ao grupo de dolmens de cámara poligonal con tendencia circular, corredor curto e entrada estreita.Cova da Moura (Argalo)No verán de 1980 foi obxecto dunha intervención arqueolóxica dirixida… Seguir lendo Tampa da Cova da Moura (Noia)

Abegondo, Casas de Peóns, http://schemas.google.com/blogger/2008/kind#post, Legoeiros, Madeira: proxectos xenéricos, Sarandóns

Casa de Peóns de Sarandós (Abegondo)

Nunha pequena vía de apenas 5 quilómetros, a estrada AC-222, sitúase unha casa de legoeiros de Abegondo. O lugar aparece no topográfico denominado como "A Casilla", topónimo que pode facer referencia a esta tipoloxía de vivendas-almacéns.Construída en cachotaría e revestida salvo os marcos dos vans, está tellada a dúas augas con uralita. Nun dos lados… Seguir lendo Casa de Peóns de Sarandós (Abegondo)

Casas de Peóns, Culleredo, http://schemas.google.com/blogger/2008/kind#post, Legoeiros, Madeira: proxectos xenéricos

Casa de Peóns en Acea de Ama (Culleredo)

Á altura do quilómetro 2 da estrada comarcal AC-211 érguese unha casa de peóns do concello de Culleredo. De planta cuadrangular e cunha superficie aproximada de 240 m2, repite o esquema construtivo doutras xa vistas. Así, na fachada principal só se abren tres vans nos que a pedra queda á vista. Como único elemento salientable,… Seguir lendo Casa de Peóns en Acea de Ama (Culleredo)