A Gándara, A Susana, Casas de Peóns, http://schemas.google.com/blogger/2008/kind#post, Legoeiros, Madeira: proxectos xenéricos, Santiago de Compostela

Casa dos Peóns na Gándara (ou na Susana)


Na mesma estrada N550 na que estaba a casa dos péons de Vedra, e a pouco máis de 6 quilómetros dirección Santiago, atópase outra construción da mesma tipoloxía. Érguese nunha encrucillada entre dita nacional e a comarcal 8203, na Gándara. Sitúase nos lindes de Sergude (Boqueixón) e San Fins de Sales (Vedra) con Marrozos (Santiago de Compostela), polo que popularmente, por mor da sinalización vertical de indicación de lugar, pénsase que aínda é A Susana.


Detalle da portada e unha vista da casa co Pico Sacro ao fondo

A edificación, de planta cuadrangular, consta de baixo é esta cuberta a dúas augas. A diferencia das outras casas de peóns vistas, neste caso érguense dúas chemineas a cada lado do tellado. Ademais, aínda está en uso como Centro de Conservación e Explotación de Estradas do Ministerio de Fomento.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s